Aumenta a afluencia de turistas no interior de Galicia
Publicado o 17/07/2018 21:53
Os turistas non só visitan estes días as nosas praias ou as nosas cidades costeiras. As urbes do interior tamén están a rexistrar unha maior afluencia de visitantes. É o caso da capital luguesa, que conta con importantes reclamos turísticos.
Nesta segunda quincena de xullo percíbese o aumento do número de turistas nas rúas de Lugo.
E é que se trata dunha cidade que conta con importantes reclamos para os visitantes. Ten nada menos que tres monumentos declarados Patrimonio da Humanidade, como son a muralla romana, a catedral ou o Camiño Francés.
O recinto histórico da capital luguesa énchese, polo tanto, de xentes de moi diversa procedencia.