CRTVG

Buscar

A Audiencia de Sevilla mantén libres 4 ex-cargos da Junta condenados por ERE

Publicado o 29/11/2019 14:07
A Audiencia de Sevilla mantén libres 4 ex-cargos da Junta condenados por ERE

A Audiencia Provincial de Sevilla decidiu manter en liberdade aos ex-conselleiros andaluces Antonio Fernández e José Antonio Viera e aos ex-directores xerais de Traballo Javier Guerrero e Juan Márquez, todos condenados a máis de sete anos de prisión polo caso ERE, en contra do que solicitou a Fiscalía Anticorrupción.

A Sección Primeira, que xulgou a peza política dos ERE, celebrou este xoves unha vista na que as defensas dos catro ex-altos cargos da Junta de Andalucía negaron que existise risco de fuga.

O tribunal desestima así a solicitude de Anticorrupción, que pediu o ingreso inmediato dos catro no cárcere.

Fernández e Guerrero foron condenados a 7 anos, 11 meses e 1 día de prisión e 19 anos, 6 meses e 1 día de inhabilitación absoluta por un delito continuado de prevaricación en concurso medial cun delito continuado de malversación, mentres que Viera e Márquez foron condenados polos mesmos delitos a 7 anos e 1 día de cárcere e 18 anos e 1 día de inhabilitación absoluta.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí