Audasa pide prolongar a concesión da AP-9 como compensación pola covid
Publicado o 25/01/2021 15:57

Audasa pídelle ao Goberno prolongar a concesión da AP-9 pola pandemia. A xestora da autoestrada do Atlántico propón unha ampliación máis alá de 2048, cando remata o contrato.
Propón a prórroga como unha fórmula de compensación polo impacto da crise sanitaria do coronavirus nunha infraestrutura clave como a AP-9.