Audasa aumenta en tres millóns os beneficios polas peaxes da AP-9
Publicado o 30/04/2019 15:55
O beneficio para Audasa polas peaxes da AP-9 foi de algo máis de 40 millóns de euros, un 7% menos ca no 2017. Unha baixada que, segundo explica a concesionaria, débese ás amortizacións das obras acometidas na autoestrada.
Malia todo, en 2018 si aumentou a recadación obtida na AP-9. Concretamente, ingresou 144 millóns de euros, tres máis ca no ano anterior. Este aumento ten dúas razóns principais. Por unha banda, medrou o número de usuarios, cuns 21.000 vehículos de media diaria, a mellor cifra de tráfico dos últimos sete anos. Por outra, en 2018 houbo dúas subas de prezos nas peaxes, a de principio de ano e a dobre extraordinaria do mes de outubro para compensar as obras de ampliación en Rande e Santiago.