CRTVG

Buscar

Audasa acepta pagarlle ao Porto de Vigo as taxas pola ponte de Rande

Publicado o 26/04/2019 19:30

O litixio remóntase a hai 3 anos. O porto de Vigo reclamáballe a Audasa un canon anual pola lámina de auga que cruza a ponte de Rande. Apoiábase nun cambio legal de 2011 que equiparaba a autoestrada con calquera outra empresa instalada no porto. Audasa, a propietaria da AP-9, sostiña que a lei que rexía para eles era a que estaba en vigor en 1973, cando se construíu o viaduto. A tirapuxa xa lle custara a empresa 3 multas por 360.000 euros que tiña recorridas ante o Tribunal Superior de Xustiza. Pero este xoves, e ante a ameaza dunha cuarta sanción, a empresa aceptou as teses do porto. Enrique López Veiga, presidente da Autoridade Portuaria de Vigo dá por "liquidado un litixio que tiñamos aí. Agora hai un proceso administrativo longo, pero creo que nun mes teremos regularizada a situación"

Porto e Auduasa negociarán agora se a taxa se aplica só aos piares da ponte ou a toda a franxa que cobren os taboleiros da autoestrada. O canon podería ascender a 80.000 euros anuais.
 

Noticias web

26/04/2019