CRTVG

Buscar

Morren tres mulleres nun atropelo múltiple en Salamanca

Publicado o 09/07/2020 15:43

Un turismo matou tres mulleres que camiñaban á beira da estrada nacional 620, en Pedrosillo el Ralo, un concello de Salamanca.

Ao parecer as mulleres eran viúvas e tiñan por costume saír a dar un paseo contra a noitiña. O condutor do vehículo, de 38 anos, deu negativo nas probas de alcol e drogas. A Garda Civil investiga se o sinistro se puido deber a unha distracción do condutor ou se as mulleres, que non levaban chaleco reflectante, invadiron a calzada.

Noticias web

09/07/2020