CRTVG

Buscar

Un home de 80 anos morre atropelado en Redondela

Publicado o 17/11/2019 23:09

Un home de 80 anos faleceu nun atropelo no concello de Redondela. A vítima camiñaba por unha estrada estreita, sen zona habilitada para peóns, da EP-2901 na parroquia do Viso cando un turismo o alcanzou.

Co forte impacto o home saíu despedido e apareceu no cuberto dunha casa próxima. O coche envorcou e bateu contra unha pedra. Á muller fixéronlle a proba de alcol e drogas e deu negativo. O home era veciño da zona.

A Garda Civil investiga as causas deste sinistro viario. O corpo do home foi trasladado ata o hospital Nicolás Peña de Vigo, onde lle van practicar a autopsia.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí