CRTVG

Buscar

Tres falecidos, dous motoristas e un peón, nun sábado tráxico nas estradas

Publicado o 07/09/2019 14:26

• Atropelo mortal cunha vítima nun paso de peóns na Estrada

Un motorista morre ao sufrir unha saída de vía en Ribeira

Tres falecidos, dous motoristas e un peón, nun sábado tráxico nas estradas

O último dos tres sinistros ocorreu arredor das once e cuarto desta mañá de sábado, no barrio ourensán do Couto. Foi unha colisión entre un motorista e un turismo, na estrada N-525 ao seu paso pola capital das burgas. A consecuencia do golpe, o condutor da moto falecu.

Unhas horas antes, un home de 83 anos de idade faleceu na mañá deste sábado nun atropelo na avenida Benito Vigo da Estrada, diante da Casa do Concello. Fontes sanitarias explicaron que o suceso ocorreu pouco despois das nove e media. Os servizos médicos desprazados, unha ambulancia asistencial e un médico de urxencias con base no PAC da Estrada chegaron de contado e activouse  o helicóptero sanitario.

Trataron de reanimar o home, que estaba inconsciente, pero non foi posible, e faleceu minutos máis tarde. No operativo tamén participaron os bombeiros do Deza, o XES da Estrada, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/09/2019