CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Atropelo en Ourense

Publicado o 06/10/2017 14:21

Houbo outro atropelo en Galicia. Desta volta foi este mediodía, en Ourense. Hai unha muller ferida.

Foi nun paso de peóns do centro, preto do Xardín do Posío. A muller foi atropelada por un turismo que saía dun cruzamento e invadiu o paso de peóns. A vítima impactou contra o parabrisas do coche. Foi trasladada a un centro médico, cunha ferida na cara. Aparentemente, o seu estado non reviste gravidade.

A Policía Local, que acudiu ao lugar do accidente, levantou atestado do sinistro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí