CRTVG

Buscar

Atropelan un operario nas obras de ampliación da AP-9 en Santiago

Publicado o 13/11/2017 21:30

Esta tarde atropelaron un traballador nunha zona de obras da autoestrada do Atlántico ao seu paso por Santiago.  A vítima, un home de 60 anos, estaba traballando nas obras de ampliación da AP-9 aquí en Santiago, un pouco antes da saída de San Lázaro. Pasaba das tres da tarde cando un Mercedes de cor branca o levou por diante. Cando chegaron ao lugar os servizos médicos, a vítima estaba consciente e foi trasladado a un centro sanitario nunha ambulancia medicalizada. O equipo de atestados da Garda Civil de Tráfico xa está investigando as causas do atropelo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2017