CRTVG

Buscar

Atropelan un mozo de 19 anos en Ourense, que quedou ferido con prognóstico reservado

Publicado o 29/05/2019 20:11

Un mozo de 19 anos foi atropelado esta tarde nunha rúa de Ourense, na zona do campus universitario. Ocorreu cando o mozo cruzaba este paso de peóns, que mesmo está iluminado para alertar os vehículos para que aumenten a precaución ao ser unha zona de moito tránsito de persoas.

Por causas que se descoñecen, o coche levouno por diante e recibiu un forte golpe. O mozo ferido tivo que ser trasaladado a un centro médico da cidade de Ourense e o seu prognóstico é reservado.

Noticias web

29/05/2019