CRTVG

Buscar

Atropeladas catro persoas cando auxiliaban o condutor dun camión

Publicado o 07/08/2017 14:55

Finalmente, o home que conducía o camión con porcos morreu

Unha persoa morreu e outras cinco quedaron feridas, entre elas un neno de once anos, nun accidente de tráfico na autovía das Rías Baixas na provincia de Zamora.

Varias persoas auxiliaban o condutor do camión cargado con porcos, ferido nun sinistro previo, cando foron atropeladas por outro vehículo. Como consecuencia deste segundo impacto, cinco persoas quedaron feridas. Ao chegar o persoal sanitario, confirmaron o falecemento do condutor do camión que sufriu o primeiro accidente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/08/2017