Atropela co seu todoterreo unha manda de xabarís en Mojácar
Publicado o 05/12/2019 15:30
Unha manda de xabarís paseaba polo centro da vila almeriense de Mojácar. De repente, un condutor que circulaba pola mesma zona abalanzouse co seu todoterreo sobre eles para atropelalos salvaxemente. Un acto que pode ter graves consecuencias para o responsable. Enfróntase a unha multa de ata 30.000 euros.