CRTVG

Buscar

Atropela accidentalmente a muller e a neta de dous anos cando probaba un coche que acababa de mercar

Publicado o 23/08/2019 11:37

E en Cuenca, un home atropelou, neste caso, accidentalmente a muller e a neta de case dous anos. As dúas están ingresadas no hospital. A pequena está moi grave e a avoa ten unha perna rota ademais de numerosos golpes e mazaduras. O accidente foi onte pola tarde cando o avó estaba poñendo en marcha o coche. Segundo parece, antes estivera facendo probas e probablemente deixou unha marcha posta. Ao arrancar, atropelou a muller e a pequena.

Clara Plaza, alcaldesa de Ledaña: "que estaban probando un coche de segunda man que acaban mercar para utiilizalo no campo e quedara a marcha posta e entón ao arrancar pois atropelaron, a nena polo visto estaba xogando e a avoa foi collela, caeu e rompeu a perna e a nena foi atropelada.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/08/2019