CRTVG

Buscar

Atrincheirado cunha escopeta nunha casa de Vilagarcía

Publicado o 18/05/2020 21:04

Un home duns 40 anos pechouse nesta casa de Outeiro de Cea na noite do domingo. Ten con el unha escopeta de caza e tanto a familia como a policía temen unha mala reacción del.

Todo comezou a raíz dunha discusión entre o atrincheirado e a súa nai. Os pais viven no baixo e el vive na planta de arriba. Os veciños din que as discusións son frecuentes.

Os pais están agora na casa duns veciños, pero ao longo da tarde vimos como a nai entraba para intentar convencelo de que depoña a súa actitude.

Segundo os veciños, o home xa atacou o pai hai anos e tivo que cumprir condena de cárcere.

A Policía Nacional enviou á zona dúas patrullas, un negociador e tamén un equipo do Grupo Operativo Especial. Pero o xulgado non autorizou a súa entrada na vivenda por non haber perigo para terceiras persoas.

As conversas continúan, pero mentres non dean froito, a policía segue vixiando a casa.



 

Noticias web

18/05/2020

Máis sobre Vilagarcía de Arousa