CRTVG

Buscar

Atribúen os atentados a un grupo xidahista local con apoio exterior

Publicado o 23/04/2019 08:09

Estes dous galegos forman parte dos 35 estranxeiros mortos nos atentados do domingo, que deixou unha cifra de 310 vítimas mortais e máis de 500 feridos, segundo o último balance oficial. De momento, ningún grupo asumiu a autoría dos ataques, aínda que as autoridades apuntan a un grupo xihadista local, co apoio dunha rede exterior.

Hoxe é día nacional en memoria das vítimas en Sri Lanka. O país volve estar en estado de emerxencia desde medianoite. O medo segue presente nas rúas mentres os artificieiros continúan na procura de novas bombas.

Esta explosión producíase precisamente cando os especialistas intentaban desactivar outra bomba encontrada cerca da igrexa de Saint Anthony, atacada tamén o domingo. Tamén se atoparon 87 detonadores na estación de autobuses de Pettah, a maior da capital, Colombo.

O Goberno, que se enfronta a unha acusación de neglixencia grave porque tiña avisos previos sobre plans de islamistas radicais, atribúelles os atentados a terroristas suicidas dun grupo islamista local relacionado co xihadismo. Sete deles xa foron identificados. O que se investiga agora é se tiveron axuda dunha rede internacional. O Goberno pedirá axuda a outros países para tratar de determinar as redes que puideron asistilos. Interpol enviará un equipo. O presidente estadounidense, Donald Trump, prometeu a súa axuda. O secretario de Estado, Mike Pompeo, confirmou que varios estadounidenses morreron nos atentados e advertiu de que grupos terroristas poderían estar planeando novos ataques, especialmente contra os lugares máis turísticos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/04/2019