CRTVG

Buscar

Atribúen aos mozos que fan 'botellón' os estragos no campo de fútbol da Esteirana, en Muros

Publicado o 10/08/2021 13:16
Atribúen aos mozos que fan 'botellón' os estragos no campo de fútbol da Esteirana, en Muros

As instalacións do campo de fútbol de Esteiro, en Muros, apareceron estragadas logo da fin de semana.

O presidente da Sociedade Deportiva Esteirana gravou unhas imaxes que amosan arredor dunha vintena de asentos estragados ou arrancados directamente. Acusa de vandalismo un grupo de mozos que fan botellón nas inmediacións do recinto. Asegura que nas dúas últimas fins de semana accederon ao interior e provocaron os estragos.

Noticias web

10/08/2021