CRTVG

Buscar

Atrásase a repartición da vacina de Janssen na Unión Europea

Publicado o 01/06/2021 15:10

A farmacéutica que fai a vacina Janssen, a de Johnson & Johnson, anunciou que atrasaba o repartimento da súa vacina contra o coronavirus en Europa. 

Na comisión Europea manteñen a calma; argumentan que este atraso é só temporal e confían plenamente en que a farmacéutica cumpra coas entregas de vacinas de aquí a finais de ano.

Aínda así, varios estados membros amosaron a súa preocupación, pero en Bruxelas agardan un pronto aumento das entregas durante as vindeiras semanas, que en xuño se acade un novo récord na recepción de vacinas e que isto permita durante todo o verán inmunizar o 70 % da poboación adulta.

Este segundo trimestre recibiranse na UE máis de 400 millóns de doses das vacinas autorizadas pola Axencia Europea do Medicamento e isto será catro veces máis do recibido no primeiro trimestre.

Noticias web

01/06/2021