Espazar as doses e poñer Janssen: claves para acelerar a vacinación en España
Atrasar a segunda dose de Pfizer e Moderna entre seis e oito semanas nos menores de 79 anos permitiría inmunizar máis persoas vulnerables, polo menos cunha dose, en menos tempo.
"Isto nun momento en que a pandemia está en auxe, e tendo en conta que ás veces hai escaseza de vacinas, supón un gran alivio", explica Fernando Moraga, vicepresidente da Asociación Española de Vacinoloxía.
É unha das propostas a estudar este martes na Comisión de Saúde Pública. Apoian a idea de Sanidade comunidades como Cataluña, Madrid, Andalucía e Castela e León. Pero a Axencia Europea de Medicamentos di que ambas pautas deben administrarse con 3 semanas de diferenza para seren eficaces. Expertos en vacinoloxía como Moraga, apelan á experiencia doutros países: "A experiencia do Reino Unido nestes últimos meses foi positiva, porque demostrou efectividade, malia separar as dúas doses".
Outra das claves para acelerar o ritmo de vacinación é o soro monodose de Janssen, que nas vindeiras horas podería recibir luz verde por parte da EMA para a sua inoculación en Europa. Os expertos insisten na seguridade das vacinas, tras os casos illados de trombos.
Antonio Fernández Pro Ledesma, presidente da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia, explica: "Estamos falando de millóns de pacientes vacinados e déronse 6 casos, insisto, o risco de vacinarse está absolutamente sobrevalorado".
España prevé recibir esta semana case 2 millóns de vacinas de Pfizer, AstraZeneca e Moderna, e aumetar as entregas a partir da semana próxima.