CRTVG

Buscar

Atrásanse as obras na vía do tren en Crecente

Publicado o 22/02/2021 11:30

Hoxe estaba previsto que se puidese abrir o tramo da vía do tren cortado na zona de Crecente, pero as chuvias das últimas semanas complicaron as reparacións. O tramo segue cortado por unha gran fochanca.

Cando comezaron as obras de reparación nese treito da vía, agardábase poder acabar os traballos en 10 días, pero o tempo non facilitou a tarefa. O terreo é inestable e a chuvia das últimas xornadas demoraron as obras, polo que non se retomará a actividade do ferrocarril nesa zona, como mínimo, ata principios de marzo. 

Os viaxeiros do tren teñen que facer esa parte do percorrido en autobús, e hai que ter en conta que o túnel da A-52 na Cañiza tamén permanece cortado en sentido a Ourense dende finais de xaneiro, o que supón un atraso na viaxe.

Noticias web

22/02/2021