CRTVG

Buscar

Atrapados 36 alumnos ouresáns en Malta

Publicado o 13/03/2020 17:01

Están de intercambio educativo. Marcharon a semana pasada a Malta. Son 36 alumnos de entre 12 e 16 anos do colexio da Purísima de Ourense. Están atrapados no país pola cancelación dos voos con España.

Moita preocupación a que teñen os pais destes alumnos, malia que as noticias son boas, están todos en perfecto estado. Algúns están nas casas das familias que os acolleron neste intercambio, pero outros nun hotel.

Dende o colexio lanzan unha mensaxe de tranquilidade. Din que están xestionando o traslado dos alumnos do xeito máis inmediato posible. Dende a Subdelegación do Goberno aseguran que souberon da situación hoxe, que están recompilando datos en contacto directo co Ministerio de Asuntos Exteriores e co Departamento de Emerxencias Consulares para activar un protocolo, e que esperan que a situación se resolva canto antes.

Noticias web

13/03/2020