Falece unha persoa e catro quedan feridas ao caer unha árbore en Mondariz-Balneario
• Ocorreu nos xardíns do Gran Hotel, onde se celebraba un concerto
Unha muller morreu ao caerlle unha árbore enriba nos xardíns do Gran Hotel de Mondariz-Balneario. A falecida é Josefa Agulla Pastoriza, muller do excandidato do PSOE á alcaldía de Mondariz Manuel Fernández Outerelo, que quedou ferido grave canda outras tres persoas.
No lugar estaba a se celebrar un concerto, organizado polo Concello, que se aprazara hai uns días por mor da previsión meteorolóxica desfavorable.
Segundo informa o 112, no operativo participaron axentes da Garda Civil, bombeiros do Porriño e Ponteareas e persoal sanitario.
#AXEGAInforma de que unha muller perdeu a vida ao caerlle enriba unha árbore e quedar atrapada baixo dela en #MondarizBalneario. Outras catro persoas resultaron feridas. Interveñen no punto: sanitarios, @guardiacivil #BombeirosPorriño #BombeirosPonteareas e #PCOitavénTea pic.twitter.com/VJrJ7MR03j
— 112Galicia (@112Galicia) October 3, 2021
ÚLTIMA HORA | Atrapadas varias persoas tras a caída dunha árbore nun concerto en Mondariz-Balneario | CRTVG https://t.co/rMfwku8OoC pic.twitter.com/NeHivDm3NE
— G24 (@G24Noticias) October 3, 2021