CRTVG

Buscar

Atraca un supermercado de Barro armado cun coitelo e rouba 400 €

Publicado o 13/02/2019 13:54

Eran preto das seis da tarde do martes cando o ladrón entrou neste supermercado de Barro, situado a carón da estrada entre Caldas de Reis e Pontevedra.

Levaba posto un casco de moto e un coitelo na man que debía medir uns vinte e cinco centímetros, segundo un dos empregados do negocio.

Dentro do súper había dous clientes e dous traballadores. Un dos empregados estaba na caixa. Dixo que o atracador o ameazou co coitelo, dando golpes no mostrador, e que se apoderou duns catrocentos euros.

O asaltante levaba roupa escura e as testemuñas cren que era novo aínda que non lle puideron ver a cara porque levaba posto un casco. Ao parecer, fuxiu nunha motocicleta en dirección a Caldas.

Noticias web

13/02/2019