CRTVG

Buscar

Atracan unha gasolineira a bordo dunha retroescavadora

Publicado o 03/09/2021 13:06

Singular atraco nunha gasolineira en Sevilla. A banda de ladróns ía a bordo nada menos que dunha retroescavadora. Aconteceu na localidade de Alcalá de Guadaíra. Os catro presuntos atracadores causaron importantes dano ao tratar de derrubar a parede que rodeaba o caixeiro de autopagamento. Finalmente quedaron sen botín. Ao saltaren as alarmas, avisaron a policía e os ladróns fuxiron.

Noticias web

03/09/2021