CRTVG

Buscar

Atracan un xubilado en Vigo e lévanlle 800 euros

Publicado o 26/03/2020 19:14

Un home de avanzada idade foi vítima dun atraco cun coitelo no barrio vigués do Calvario. A vítima saíu dunha sucursal bancaria e a escasos metros subtraéronlle 800 euros. Axentes da Policía
acompañárono ata a comisaría para formalizar a denuncia.

A pesar das ríxidas medidas de confinamento, o martes sancionaron na Cidade Olívica 45 persoas. Entre os casos, hai o de dous locais que permanecían abertos. Un deles, un céntrico bar coa persiana baixada e os clientes dentro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2020