CRTVG

Buscar

Atracan o embaixador de Afganistán no barrio Gótico de Barcelona

Publicado o 20/08/2019 12:18

A zona vella de Barcelona foi este domingo escenario dun novo episodio de violencia. A vítima foi, esta vez, o embaixador de Afganistán. . Segundo o informe dos Mossos d'Esquadra, sobre as dez da noite pasada un grupo de mozos rodeou o embaixador e rouboulle o reloxo. Os Mossos investigan os feitos por roubo con violencia aínda que, afortunadamente, o embaixador só tivo que lamentar rabuñaduras nunha perna. De momento non se produciron detencións.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/08/2019