CRTVG

Buscar

Atraca en Vigo o luxo exclusivo do megaiate Icon

Publicado o 23/09/2019 10:16

O luxoso megaiate Icon, de 67 metros de eslora e 12 de manga, fixo escala en Vigo. Este exclusivo barco está destinado a chárter e alugalo custa 550.000 euros á semana.

Trátase dun dos iates máis modernos do mundo. Conta con 6 suites para doce pasaxeiros, club de praia con terraza, piscina acristalada, jacuzzi, centro de fintness e unha infinidade de luxos.

Procedente de Grecia e con destino polo de agora descoñecido, parece que atracou en Marina Davila, por motivos de loxística, aprovisionamento e recarga.

Vigo estase a converter en porto loxístico de referencia para os megaiates que realizan a travesía entre o Mediterráneo e o norte de Europa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2019