CRTVG

Buscar

Atraca en Vigo a fragata rusa Shtandart

Publicado o 22/05/2020 21:22
Atraca en Vigo a fragata rusa Shtandart

En Vigo atracou esta tarde unha fragata rusa que se utiliza como buque escola. Nela navegan arredor de Europa tripulantes de distintas idades e orixes. Xa está converténdose en tradición que faga escala en Vigo durante a primavera. É unha réplica do buque orixinal mandado construír polo tsar Pedro o Grande no século XVIII. Normalmente pódese visitar durante a súa estadía no porto, cousa que a situación actual non permite.

Noticias web

22/05/2020