CRTVG

Buscar

Atopar puntos de carga, un atranco para os que apostan polo coche eléctrico

Publicado o 18/09/2020 18:45

Iván mercou o seu coche eléctrico hai 3 anos por convicción, por protexer o medio ambiente e porque sabía que tiña moitas vantaxes.

Moitas vantaxes fronte a un grande inconveniente, unha autonomía de 230 quilómetros e poucos puntos de recarga.

No resto de Galicia a situación non está mellor.

De carga lenta hai algún punto máis, pero hai que agardar horas para poder continuar a marcha ou arriscarse a quedar tirado na estrada.

Total Iván Tielas. Delegado en Pontevedra de AUVE.

O pracer de conducir un coche eléctrico pode converterse nunha odisea para chegar a destino.

Noticias web

18/09/2020