CRTVG

Buscar

Atopan aboiando o corpo dunha moza na contorna da Torre de Hércules da Coruña

Publicado o 11/01/2017 20:40

A moza, paquistaní duns 18 anos con domicilio na cidade da Coruña, levaba en paradoiro descoñecido desde o pasado domingo

Salvamento Marítimo recuperou hoxe o cadáver dunha moza que apareceu aboiando nas proximidades da Torre de Hércules.

O corpo foi avistado por unha embarcación que faenaba na zona e que alertou os efectivos de salvamento. Eles trouxeron o cadáver ata este porto de Oza e de aquí foi trasladado ao hospital para facerlle a autopsia. Ao parecer o cadáver, que non presenta signos de violencia, é o dunha moza paquistaní, duns 18 anos, e levaba posto un traxe de neopreno.  Segundo confirmou a Garda Civil, a moza tiña domicilio na cidade da Coruña e levaba desaparecida desde o pasado domingo. A Policía Nacional mantén aberta unha investigación para tratar de esclarecer as circunstancias desta morte. 

Salvamento Marítimo recuperou o corpo dunha muller que apareceu aboiando nas proximidades da Torre de Hércules. O cadáver foi avistado polo pesqueiro Vila de Caión que faenaba na zona e alertou os efectivos de salvamento. O corpo, que levaba posto un traxe de neopreno, foi trasladado ata a dársena de Oza pola lancha Salvamar Mirfak.

A Garda Civil confirmou que o cadáver, que non presenta signos de violencia, corresponde o dunha muller paquistaní, duns 18 anos. A moza, con domicilio na cidade da Coruña, levaba en paradoiro descoñecido desde o pasado domingo ás tres e media da tarde cando se denunciou a súa desaparición.

O cadáver foi trasladado ata o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña para que se lle practique a autopsia. A Policía Nacional mantén aberta unha investigación para tratar de esclarecer as circunstancias da morte da moza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017