Atopan unha perla nunha ostra nun restaurante de Pontevedra
Publicado o 22/07/2021 15:35
A parella, natural de Madrid, estaba a pasar uns días no Grove. A falta de sol levounos a dar unha volta por Pontevedra e probar neste restaurante as ostras traídas do Barqueiro. E co sabor a mar chegou a sorpresa.
Esta é xa a terceira perla que aparece nunha ostra deste local de Pontevedra. Nun dos casos, a sorpresa acabou en compromiso de matrimonio.
No restaurante sempre lles explican aos clientes que son ostras naturais, do Barqueiro, e recomendan degustalas mastigándoas uns segundos. E xa toman con humor a aparición das perlas.