CRTVG

Buscar

A Garda Civil investiga como crime machista a morte dunha parella en Córdoba

Publicado o 04/06/2019 14:23

O concello de Iznájar decretou 3 días de loito oficial pola asasinato a tiros dunha veciña do lugar supostamente cometido polo seu home, que despois se quitou a vida. Os corpos foron trasladados ao Instituto de Medicina Legal de Córdoba para que se lles faga a autopsia. 

Foi un dos fillos da parella o que encontrou os cadáveres, o do pai fóra da vivenda e o da nai no interior. Xunto ao do home, de 53 anos, estaba a escopeta e unhas notas manuscritas.

Os investigadores cren que o home matou dun tiro a súa muller, de 51 anos, e despois se quitou a vida coa mesma arma. "Non están pechadas outras hipóteses, aínda que é a principal que se manexa nestes momentos."

Os dous cadáveres foron trasladados ao Instituto de Medicina Legal de Córdoba para practicarlles a autopsia. O concello de Iznájar decretou 3 días de loito oficial e convocou un pleno extraordinario esta tarde para aprobar unha declaración de repulsa. De confirmarse que se trata dun crime machista, serían 23 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex-parellas no que vai de ano en España.