CRTVG

Buscar

Atopan unha anciá que podería levar tres meses morta na súa casa de Lérez, en Pontevedra

Publicado o 13/09/2019 08:38

Axentes da Policía Nacional atoparon este mércores, en avanzado estado de descomposición, o corpo da muller na súa casa da parroquia pontevedresa de Lérez. Acudiran alertados por familiares, que levaban tempo sen ter noticias da anciá, que vivía cun fillo. A falecida, duns noventa anos, tiña problemas de mobilidade e respiratorios. Veciños da mesma rúa tampouco a vían desde había tempo.

"Acórdome. Pasou por aquí nunha cadeira de rodas, que me quería ver. Díxenlle: 'Ofelia, como estás?', e deille dous bicos. E dixo: 'Imos tirando'. Xa foi hai tempo, non me acordo ben. Ao mellor xa hai un ano. De verdade que estou aterrada", di unha veciña.

Ao parecer, o fillo que convivía coa falecida é politoxicómano. Declarou que súa nai morrera por causas naturais e que el non soubo que facer co cadáver. Será a autopsia a que permita aclarar as circunstancias en que morreu a muller. A policía non descarta ningunha opción.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2019