CRTVG

Buscar

Atopan unha muller morta na Estrada tras un incendio na súa casa

Publicado o 06/04/2019 21:46

Unha muller de idade avanzada apareceu morta este mediodía, tras un incendio declarado na súa vivenda. Ocorreu no lugar de Ramiráns, no concello da Estrada. O lume iniciouse, ao parecer, na noite do venres na cociña da casa, aínda que a muller apareceu tendida nun cuarto da planta superior, probablemente debido á acumulación de fume. Foron os seus fillos os que deron aviso este mediodía aos servizos de emerxencia da Estrada e a Garda Civil. Cando chegaron, o lume xa se extinguira. A investigación permanece aberta para esclarecer o sucedido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/04/2019