CRTVG

Buscar

Atopan unha lingua de boi de 35 cm en Cerdedo-Cotobade

Publicado o 09/10/2020 11:02

Atopan en Cerdedo-Cotobade un cogomelo comestible xigante. Trátase dunha fistulina hepática de tres quilos de peso, cando o normal en Galicia é que non superen o quilo e medio, se ben é certo que poden chegar a pesar ata 20 quilos nos casos máis esaxerados.

Este fungo, tamén coñedido como lingua ou fígado de boi, medra nos troncos das árbores, especialmente en carballos e castiñeiros. Este exemplar atopouno o cociñeiro do resturante O Bioco, de Pontevedra, micólogo experto, que xa preparou varios pratos con ela.

Noticias web

09/10/2020