CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Atopan unha cría de tiburón azul nunha praia de Baiona

Publicado o 09/08/2017 14:18

Unha cría de tiburón azul sorprendeu os bañistas da praia da Ladeira en Baiona. Nadaba desorientada e foron uns nenos os que a levaron a unha zona máis profunda.

Esta especie de tiburón é inofensiva. O que sorprende é a súa inusual proximidade á costa. Con todo, os biólogos levan anos constatando a súa presenza nos meses de verán nas rías galegas.

Apareceu desorientado nas augas desta praia de Ladeira en Baiona. Os seus rescatadores foron tres nenos menores, que lonxe de asustarse, collérono coas súas propias mans para levalo a unha zona máis profunda.

Esta cría de tiburón azul non é allea ás nosas costas, así o amosan estas imaxes gravadas en augas galegas. Dende 2013 biólogos do CSIC están a constatar cada vez máis a súa presenza. Falamos dunha especie inofensiva que se alimenta doutros peixes.

A súa presenza en zonas costeiras, aínda que inusual, non sorprende os residentes desta zona de Baiona.

Así que non se sorprendan se desfrutan dun tranquilo día de praia e atopan na auga un tiburón similar a este. Segundo os biólogos do CSIC a actuación destes pequenos foi a correcta. Seguramente a finais de verán esta cría de tiburón azul xa acadará o tamaño suficiente para poder volver ao medio do mar, o seu hábitat habitual. Os tiburóns azuis adultos viven a varias millas de terra, só se achegan ás nosas costas se están feridos ou perdidos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí