CRTVG

Buscar

Atopan unha cabeza humana dentro dunha caixa nunha casa en Castro Urdiales

Publicado o 30/09/2019 16:59

A Garda Civil detivo unha persoa relacionada co achado dunha cabeza humana dentro dunha caixa nunha vivenda de Castro Urdiales. A detención produciuse despois de que unha muller atopara a cabeza na súa casa. Do caso fíxose cargo o Xulgado de Instrución número 2, que se atopaba de garda cando sucederon os feitos, e declarou o segredo das actuacións. Os veciños non dan creto.

"As miñas filla non durmiron. Máis que eu, que dis: isto como pode pasar, non. A min o que máis me doe e que uns nenos pequeno poidan vivir tran preto algo así. A miña filla non durmía, a miña filla esta noite dicía e o corpo onde está, mamá, e o corpo onde está, e se está aquí, mamá, e se está na casa e se está no garaxe", di unha veciña.

A muller atopou a cabeza ao abrir unha caixa que lle entregara hai meses, ao parecer, unha amiga, que sería a persoa que está detida. Tras o achado, a muller tivo que ser atendida por servizos sanitarios do 061, que a trasladaron en ambulancia ao centro de saúde cun cadro de ansiedade. A Garda Civil non concretou en que estado se atopaba a cabeza nin a identidade da vítima, pero pode ter relación coa desaparición do home da detida. A investigación segue aberta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/09/2019