CRTVG

Buscar

Atopan unha botella de osíxeno e unha funda nórdica do pai das nenas desaparecidas en Tenerife

Publicado o 08/06/2021 19:51

A busca das nenas desaparecidas en Tenerife o pasado mes de abril deu os primeiros froitos co achado dunha botella de osíxeno e unha funda nórdica que apareceron durante o rastrexo.

Xa puido confirmarse que pertencen ao pai das pequenas. Os obxectos localizounos o buque oceanográfico galego que analiza os fondos cun sónar e un robot submarino na zona onde a xeolocalización do móbil do pai indica que desapareceu.

Os obxectos están agora en mans do Servizo de Criminalística da Garda Civil de Madrid, que tenta reconstruír todo o suceso.

María Gámez, directora xeral da Garda Civil, afirma que hai que analizalas para ver se puideran achegar algunha información sobre o paradoiro das nenas. Tamén asegurou que é unha busca moi complexa pola zona de busca, que é moi ampla, e porque os obxectos apareceron a 1.000 metros de profundidade.

Noticias web

08/06/2021