Atopan un piso desfeito e cheo de lixo no desafiuzamento dunha muller que vívía cunha vintena de gatos
Publicado o 02/10/2019 15:45
Ían facer un desafiuzamento por impago e o que alí atoparon sorprendeu a todos, menos os veciños deste inmoble.
Levaban anos denunciando cheiros insoportables procedentes deste noveno andar. O que atoparon foi un piso desfeito, cheo de lixo e unha vintena de gatos que convivían coa súa inquilina.
Os felinos xa están na protectora e agora o xulgado procederá a levar a cabo a desinfección do piso, para respiro dos seus veciños.