CRTVG

Buscar

Buscan cun sónar, sen éxito, o desaparecido no encoro dos peares

Publicado o 07/03/2019 20:51

Xornada de intenso traballo no encoro dos Peares, ao que se supón que se precipitou un veciño da Coruña co seu vehículo fai hoxe quince días. Un sonar detectou obxectos de gran tamaño no fondo, pero un robot subacuático de Salvamento Marítimo comprobou que só se trataba de rochas.

Un robot subacuático de Salvamento Marítimo explorou as áreas onde un sonar detectou a presenza de obxectos de gran volume mergullados no leito do encoro dos Peares, a unha fondura que pode superar os cen metros. Comprobou que os vultos voluminosos detectados non se correspondían co coche de Emilio Pintor, senón con rochas de gran tamaño. A familia do desaparecido, que permaneceu atenta á evolución da busca, pide que non se escatimen medios. 

Os familiares do desaparecido, que levan 15 días acudindo á zona e axudando nos labores de busca, piden tamén que se rastrexen as chamadas do teléfono de Emilio Pintor. Trala procura infrutuosa cun sonar, foron informados por parte da Policía Nacional de que se vai intentar dar co seu paradoiro mediante o uso dun dispositivo máis sofisticado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/03/2019