CRTVG

Buscar

Atopan un home morto no interior dun coche en Ames

Publicado o 16/06/2021 10:48
Atopan un home morto no interior dun coche en Ames

Atopan un home morto de 95 anos no interior dun vehículo no concello de Ames. Foi unha persoa quen encontrou o vehículo parado e coa porta aberta na beiravía e no seu interior estaba o falecido. Aconteceu ás oito desta maña nunha pista do lugar de Costoia.

Alertado o 112, avisouse a Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local, os bombeiros de Santiago e o GES de Brión. Os sanitarios tan só puideron certificar o seu falecemento e agora investíganse as causas da súa morte.

Noticias web

16/06/2021