CRTVG

Buscar

Atopan aboiando no Ebro o cádaver da avoa da nena morta en Logroño

Publicado o 28/01/2020 12:27


Este mediodía a policía e os bombeiros atopaban, na beira do río Ebro ao seu paso por Logroño, o cadáver da avoa da nena de cinco anos que apareceu morta onte no cuarto dun hotel. Os investigadores xa estaban á busca da muller, xa que a súa testemuña era de grande importancia para tentar esclarecer o caso. Os primeiros datos apuntan a que pode tratarse dun suicidio.

O único que se sabe é que a avoa da cativa pasou as últimas horas do domingo coa filla e a neta, pero non estaba rexistrada no hotel. A nai da nena, que tamén intentou suicidarse tirándose desde unha ventá do hotel, continúa ingresada nun hospital de Logroño en calidade de detida O Xulgado de Instrución número 3 de Logroño, encargado do caso, abriu dilixencias para esclarecer os feitos mentres continúa pendente da autopsia para determinar as causas da morte da nena que, en apariencia, non presentaba signos de violencia. A cativa vivía co pai no concello de Haro, que decretou tres días de loito.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí