CRTVG

Buscar

Atopan un cadáver dun home nunha zona de matogueira no barrio coruñés do Castrillón

Publicado o 08/10/2018 14:24

Acaba de ser descuberto un cadáver nunha zona de matogueira no barrio do Castrillón da Coruña. Axentes da policía nacional e científica xa se desprazaron ata o lugar. 

É un home de entre trinta e corenta anos e o seu corpo presenta sinais de violencia. Axentes da policía nacional e científica traballan no lugar.

 

Noticias web

08/10/2018