CRTVG

Buscar

Atopan un home moribundo preto dun colexio da Coruña

Publicado o 22/02/2019 20:29

A Policía Nacional investiga a aparición dun cadáver moi preto do colexio de San Pedro de Visma, na Coruña. O corpo pertence a un varón duns 40 anos, e descubriuno un dos alumnos cando foi recoller un balón preto do valo do centro. Cando o persoal do colexio chegou ata o home aínda respiraba, pero cando chegaron os equipos de urxencias ao lugar xa nada puideron facer por el.

Noticias web

22/02/2019