CRTVG

Buscar

Atopan á deriva un barco roubado e buscan o desparecido en Oleiros

Publicado o 17/06/2021 20:05

Efectivos de Salvamento Marítimo e de Emerxencias de Oleiros localizaron este xoves unha embarcación á deriva —que fora roubada— e buscaron sen éxito o seu tripulante, que cren que puido desaparecer no mar, informan a EFE fontes do organismo de seguridade marítima.

Os medios empregados para a procura, que se prolongou ao redor dunhas dúas horas e media, foron a lancha LS Condesa Pardo Bazán de Cruz Vermella e o helicóptero Helimer 402. Os feitos ocorreron ás 17:00 horas, cando un supervisor do servizo de Emerxencias de Oleiros alertou o 112 de que había unha embarcación á deriva na zona dos peiraos de Repsol.

Posteriormente, relata a mesma fonte, localizaron o dono do barco, que comunicou que llo roubaron e que el non saíra ao mar. Entón, os efectivos remolcaron a embarcación ata o porto de Santa Cruz de Oleiros.

Algunhas testemuñas afirmaron ver unha persoa saír a navegar a bordo da embarcación. Por iso, se mobilizou o operativo de procura, que culminou sen éxito.

Noticias web

17/06/2021