CRTVG

Buscar

Atopan tres plantacións de marihuana agochadas entre piñeirais en Cuenca

Publicado o 22/10/2019 21:21

A policía desmantelou tres plantacións de marihuana agochadas entre os piñeirais dun parque natural. Hai catro albaneses detidos como responsables do cultivo.

Tiñan un campamento para vixiar as plantas e os secadoiros durante as 24 horas do día. Tamén tiñan un sistema de subministración de auga con tubaxes enterradas e balsas camufladas entre a vexetación. A policía incautouse de máis de dúas toneladas de plantas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019