CRTVG

Buscar

Atopan tres persoas da mesma familia mortas por arma de fogo en Barcelona

Publicado o 01/10/2017 16:31

Os Mossos d'Esquadra investigan a morte dunha muller, un home e un bebé de once meses atopados con feridas de fogo no distrito de Sant Martí, en Barcelona. A investigación xa está aberta para aclarar o ocorrido. Os Mossos atoparon o cadáver da muller dúas e media da tarde en plena rúa e, corenta minutos despois, deron co cadáver do home e do bebé no piso de Sant Martí. 

A policía traballa coa hipótese de que o home é o autor dos crimes. Presuntamente, o home disparoulle á muller na rúa e despois volveu ao domicilio familiar para matar o bebé e suicidarse.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/10/2017