CRTVG

Buscar

Atopan trampas con veleno para cans no barrio vigués de Coia

Publicado o 14/01/2020 14:56

Os donos dos cans que habitualmente pasean pola avenida de Castelao, no barrio de Coia, en Vigo, son conscientes desta problemática que se repite cada certo tempo.

E son moitas as persoas que utilizan este lugar para dar un tranquilo paseo coa súa mascota. Pero nas últimas semanas calquera precaución é pouca para evitar que coman estes cebos con raticida.

Os animais afectados non adoitan amosar síntomas ata uns días despois. As clínicas veterinarias da contorna xa atenderon varios casos nos últimos meses.

Envelenar un animal, independemente de quen sexa o seu propietario, está castigado con penas de ata dous anos de cadea. A Policía Local de Vigo anima a denunciar este tipo de casos para poder iniciar unha investigación. De momento, descoñécese quen está ou están detrás destes feitos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2020