Atopan sinais de asfixia no corpo da muller que apareceu morta no Barco de Valdeorras
Publicado o 12/09/2021 18:39

A muller que apareceu morta na súa casa do Barco de Valdeorras puido ser vítima dun homicidio. Así se desprende da autopsia realizada ao cadáver, na que se atoparon sinais de que sufriu unha asfixia por métodos violentos que lle acabou custando a vida, segundo informou a Garda Civil.
Agora a investigación céntrase na contorna da falecida para dar co posible autor da agresión. Mentres, a familia da vítima xa manifestou a súa intención de repatriar o corpo ao Paraguai para ser soterrado alí. Leticia Magalí Sanabria tiña 29 anos, levaba sete residindo no Barco de Valdeorras e nunca presentara denuncias por ameazas, maltrato ou agresión.