CRTVG

Buscar

Atopan sen vida un sexaxenario que vivía só nunha aldea de Ourol

Publicado o 24/08/2019 21:47

Un home que vivía nesta casa do concello de Ourol aparece morto na súa cama. Era usuario dos servizos sociais, así que cando pola mañá non lle abriu á asistenta social esta chamou o alcalde. Veu a Garda Civil e foron os bombeiros os que tiveron que entrar pola parte de atrás da vivenda. Dentro estaba o home deitado na cama.

Era o único habitante desta aldea. Pendentes de coñecer os resultados da autopsia, no seu corpo non se apreciaban signos de violencia, polo que a morte podería ser por causas naturais.

Non é o primeiro caso destas características que se produce en Galicia no que vai de ano. Roldan a vintena, pero é durante o verán cando aumentan as cifras.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/08/2019